Presentacion
O Clube Náutico Deportivo de Riveira fundouse no mes de Setembro de mil novecentos setenta e dous, fai xa trinta e oito anos, por un pequeno grupo de amigos unidos fundamentalmente pola paixón polo mar e unha gran afección ao deporte da vela. Hoxe en dÃa fórmano cincocentos catro socios de número que gozan, xunto cos familiares e aspirantes, dos deportes náutico-deportivos e de actividades lúdicas e culturais en xeral.
A Escola de Vela organiza ininterrumpidamente cursiños de vela lixeira e crucero. O profesorado co que conta está formado por Monitores titulados pola Federación Galega e aos alumnos proporciónaselle todo o material necesario para as clases, tanto prácticas como teóricas. Os cursos impártense ao longo de todo o ano (todolos dÃas na tempada alta e os fins de semán o resto do ano) nunha proporción de cinco alumnos por monitor e realÃzanse nas inmediacións do Clube, fronte á praia de Coroso. Queremos resaltar que a participación nos cursiños de vela e competicións náuticas non está limitado exclusivamente aos socios do Club. No noso afán por fomentar ao máximo o deporte da vela admÃtese a participación de "non socios" nos cursos organizados.
O Clube participa cos seus equipos de regata nos diferentes eventos deportivos celebrados ao longo de toda a xeografÃa galega. Ademais, organiza regatas de diferentes categorÃas das clases optimist, dornas e cruceiro e acolle etapas da Volta Náutica a Galicia e da Regata RÃas Baixas.
Non debemos esquecer que este Clube é un importante foco de atracción do turismo náutico e un importante empuxe para a desestacionalización turÃstica, materia que tiñamos pendente. A RÃa de Arousa, fóra da tempada de verán, ofrece unhas condicións climatolóxicas e de ventos que a fan moito máis adecuada para a práctica dos deportes náuticos que outros litorales como o do Mediterráneo ou o Cantábrico. É grazas á oferta de amarre en portos deportivos como o noso polo que pronto se conseguirá o dificil obxectivo de que embarcacións de todo o mundo visiten Galicia tamén en tempada baixa.