Voltar
AVISO OS NAVEGANTES
17/06/2009
O día 16 do actual mes celebrouse no noso Club unha reunión informativa da Garda Civil á que asistiron todos os presidentes dos Club veciños e na que se trato a nova Campaña de Prevención que a Garda Civil do Mar levará a cabo a partir da data.

Fíxose fincapé en que se intensificarán as inspeccións ás embarcacións que estean navegando e que serán moi estritos co cumprimento do que marca a lexislación vigente. Polo que queremos recordarvos que levedes a bordo toda a documentación: Certificado Navegabilidad, Titulación, Seguro, elementos de Seguridade, etc....

Tamén se informou que cando esteamos navegando e observemos que algún barco, moto de auga, etc... estea incumpliendo as normas de seguridade e poñendo en perigo unha navegación segura, avisemos destes feitos no numero 062.

 
clube nautico de riveira
O CLUBE NOVAS EVENTOS ACTIVIDADES SOCIAIS COMPETICIÓNS RESULTADOS LIGAZÓNS CONTACTO