AMBIOTEC, ACADEMIA KUROTAN e SOMNI GAÑAN A III REGATA AQUAGEST NAS SUAS RESPECTIVAS CLASES
O sábado 17 de outubro celebraouse a primeira proba da III REGATA AQUAGEST da clase cruceiro baixo a organización do Club Náutico Deportivo de Riveira, que conta coa colaboración do Concello de Riveira, Club Náutico Caramiñal, Congalsa, Escavacións Nima e o patrocinio de AQUAGEST.
A saída deuse con puntualidade británica ás 15 horas coa presenza dunha vintena de embarcacións na liña de saída e cunhas condicións un pouco frouxas para a práctica deste deporte, xa que no momento da saída o vento non superaba o cinco nós de intensidade e cunha dirección do 80, pero que duraron moi pouco tempo, só para tomar abóiaa de desmarque producíndose unha encalmada de preto dunha hora.
Sobre as 16:45 o vento salto cunha intensidade de 5 a 6 nós e cunha dirección do 230 que provoco que a frota se xuntase de novo no segundo tramo do percorrido entre Rúa e o Ter, ademais de darlle gran vistosidade á proba ao poder sacar os spis a totalidade da frota até o final da proba.
As clasificacións da primeira proba quedaron como segue:
CLASE REGATA
1º.- AMBIOTEC DE JOSE GIL DO CND RIVEIRA
2º.- CORSARIO DE JORGE DURAN DO LC VILAGARCIA
3º.- XAINOS DE MANUEL CASTELO DO CN CARAMIÑAL
CLASE CRUCEIRO-REGATA
1º ACADEMIA KUROTAN DE JUAN DEBEN DO LC VILAGARCIA
2º VIAXES ATLANTICO DE JOSE M. POMBAR DO CN CARAMIÑAL
3º ANDARIVEL DE RICARDO VALDES DO LC VILAGARCIA
CLASE CRUCEIRO
1º SOMNI DE HELMUT BANDE DO CND RIVEIRA
2º AROUSA VIN DE JOSE LUÍS TORRES COLOMER DO CND RIVEIRA
3º PICHURI DE IGNACIO RUPEREZ DO CN RIANXO
As oito da tarde celebrar unha degustación de produtos de CONGALSA nas instalacións do CN Caramiñal. Mañá domingo celebrásese a segunda e definitiva proba desta Regata entre Poboa do Caramiñal e Riveira.
O domingo 18 celebrouse a segunda proba da III REGATA AQUAGEST da clase cruceiro baixo a organización do Club Náutico Deportivo de Riveira, que conta coa colaboración do Concello de Riveira, Club Náutico Caramiñal, Congalsa, Escavacións Nima e o patrocinio de AQUAGEST.
Deuse a saída 12 horas como estaba previsto nas inmediacións do Faro da Ostreira e o Comité de Regatas marco o percorrido 2 que consistiu en saída, Moscardiño por estribor, Ter por estribor, Rúa por estribor e chegada na Enseada de Riveira, para facer un total de sete millas de distancia. Nesta ocasión as condicións de vento foron mellores que na xornada anterior, dándose a saída con 4 nós de intensidade e dirección do 80 que foi aumentando nos dous primeiros tramos do percorrido até alcanzar os 10 nós de intensidade para despois ir caendo paulatinamente até quedar totalmente.
As boas condicións do principio da etapa provoco que todos os barcos entrasen en tempo, co que a xornada se fixo corta pero moi intensa xa que a maior parte da frota entraron nun período de sete minutos o que dá entender a proximidade e competencia nesta segunda proba.
As clasificacións nos seus primeiros postos mantivéronse inamovibles e o tres barcos que dominaban a clasificación provisional na xornada anterior facíanse coa vitoria final. As clasificacións finais quedaron como seguen:
CLASE REGATA
1º.- AMBIOTEC DE JOSE GIL DO CND RIVEIRA
2º.- XAINOS DE MANUEL CASTILLO DO CN CARAMIÑAL
3º.- SANTANAS DE JOSE MANUEL MILLAN DEL LC VILAGARCIA
CLASE CRUCERO-REGATA
1º ACADEMIA KUROTAN DE JUAN DEBEN DO LC VILAGARCIA
2º ANDARIVEL DE RICARDO VALDES DEL LC VILAGARCIA
3º TITAN DE MANUEL PELETEIRO DL CN CARAMIÑAL
CLASE CRUCERO
1º SOMNI DE HELMUT BANDE DEL CND RIVEIRA
2º AROSA VI DE JOSE LUIS TORRES COLOMER DO CND RIVEIRA
3º PICHURI DE IGNACIO RUPEREZ DO CN RIANXO
A entrega para as seis da tarde coa presenza dos directivos de Aquagest, Xunta Directiva doS CN Caramiñal e Xunta Directiva do CND Riveira.