Este sábado disputouse a IX REGATA FRINSA – TROFEO PRESIDENTE RAMIRO CARREGAL REY dla clase Crucero organizada polo Grupo Empresarial Frinsa del Noroeste, S.A., e o Club Náutico Deportivo Riveira e a Federación Galega de Vela.
A proba conto coa presenza de trinta e oito embarcacións inscritas, das cales só pouco mais dunha veintena tomaron a saída debido ás fortes condicións meteorolóxicas, só saíron as tripulaciones mais preparadas ao mar. Nun principio o Comité de Regatas tivo que aprazar a saída da proba que estaba prevista para as once da mañá debido a que o vento superaba os 30 nós de intensidade. Ás doce menos cuarto dábase a saída con ventos de 25 nós e rachas que chegaban ata os 32 nós do nordeste.
O percorrido consistiu en saída desde as inmediaciones do faro de Lajareu para a continuación tomar sucesivamente por estribor o Ter e Esqueiros para despois dirixirse cara á chegada que estaba situada no mesmo sitio onde se produciu a saída. As duras condicións de vento fixeron que a proba fose unha das mais rapidas de todas as edicións, xa que houbo barcos que chegaron a alcanzar velocidades de once nós no tramo do Ter a Esqueiros. Isto provoco que as diferenzas fosen moi pequenas na liña de chegada e resolvéndose a clasificación por escasos segundos.
Na clase Regata producíronse os dous únicos abandonos por roturas de material, sendo o primeiro en retirarse o CORSARIO IV que sufria unha rotura de génova instantes antes de darse a saída da proba. O seguinte en abandonar foi ao AMBIOTEC-ECOPIEDRA que tamén sufria unha rotura da súa vela de proa no momento que estaba situado en primeira posición da flota á altura do Ter. Isto provoco que o ZIRALLA atopase menos problemas para facerse coa vitoria nesta clase por diante do ORAL GROUP e o MEIGAS FORA que ocuparon a segunda e terceira praza respectivamente.
Na clase Crucero-Regata foi na que as diferenzas foron mais amplas, sendo o KANALA o que domino a proba desde o principio por diante do VIAXES ATLANTICO e o TOTEM II. Na clase Crucero foi o GLADIADOR o que se impoñía ao SOMNI e AROSA VIN, que foron segundo e terceiro respectivamente cunha diferenza final de 21 segundos.
A proba foi seguida polos invitados da organización nun Catamarán no que puideron degustar a bordo de consérvalas de FRINSA. Ao termino da proba os participantes e invitados desprazáronse ás Factorias de FRINSA onde gozaron dun xantar marinero e asistiron á entrega de Trofeos.
As Clasifiacions Finais quedaron como sigue:
CLASE CRUCERO
1º GLADIADOR de José García del CN Portosin
2º SOMNI de Helmut Bande del CND Riveira
3º AROSA VI de José Luis Torres Colomer del CND Riveira
4º ARGOS de Santiago Vecino del CN Rianxo
5º THOR II de Guillermo Varela del CN Caramiñal
CLASE CRUCERO-REGATA
1º KANALA de Ignacio Ecenarro del CN Portosin
2º VIAJES ATLANTICO de José Manuel Pombar del CN Caramiñal
3º TOTEM II de Felipe Calle del CN Portosin
4º INDALO de José Antonio Deniz del CN Portosin
5º FIXIUS de Miguel Pérez-Lafuente del LC Vilagarcía
CLASE REGATA
1º ZIRALLA de Ramón Barreiro del CN Caramiñal
2º ORAL GROUP de Pedro Pazos del CN Portosin
3º MEIGAS FORA de José Codesido del CN Portosin
4º CHISPETRES de Jesús Iglesias del CN Caramiñal
5º SAGAR V de Candido Sanisidro del CN Caramiñal
Anuncio de Regata
Hoja de Inscripción
Instrucciones
También podeis inscribiros utilizando el enlace
https://spreadsheets.google.com/viewform?formkey=cjNkNnE5bnp1OU1NbklaTDhRYm9EOHc6MA