O Club Náutico Deportivo de Riveira fundouse no mes de Setembro de mil novecentos setenta e dous, fai xa trinta e seis anos, por un pequeno grupo de amigos unidos fundamentalmente pola paixón polo mar e unha gran afección ao deporte da vela. Hoxe en día fórmano cincocentos trinta e catro socios de número que gozan, xunto cos socios familiares e aspirantes, dos deportes náutico-deportivos e de actividades lúdicas e culturais en xeral.
O dezasete de Maio de 1.995 o Presidente da Xunta de Galicia, Don Manuel Fraga Iribarne, procedeu a inaugurar o porto deportivo do Club, vella aspiración da nosa masa social. Na actualidade contamos con duascentas trinta e oito prazas de amarre distribuídas ao longo de tres pantalanes que se atopan situados na mariña, fronte ao esplendido local social que conta con todas as comodidades requeridas polos usuarios (duchas e vestuarios, gimnasio, cafetería-restaurante, biblioteca, ...). Tamén contamos cun edificio anejo para a Escola de Vela que dispón de pañol, cubertos para embarcacións, aula para clases teóricas dos cursillos organizados, etc.
A Escola de Vela organiza ininterrumpidamente cursillos de vela lixeira e crucero. O profesorado con que conta está formado por Monitores titulados pola Federación Galega e aos alumnos proporciónaselle todo o material necesario para as clases, tanto prácticas como teóricas. Os cursos se imparten ao longo de todo o ano (todos os días na tempada alta e os fins de semana o resto do ano) nunha proporción de cinco alumnos por monitor e realízanse nas inmediaciones do Club, fronte á praia de Coroso. Queremos resaltar que a participación nos cursillos de vela e competicións náuticas non está limitado exclusivamente aos socios do Club. No noso afán por fomentar ao máximo o deporte da vela admítese a participación de ?non socios? nos cursos organizados.
O Club participa cos seus equipos de regata nos diferentes eventos deportivos celebrados ao longo de toda a xeografía galega. Ademais, organiza regatas de diferentes categorías das clases optimist, dornas e crucero e acolle etapas da Volta Náutica a Galicia e da Regata Rías Baixas.
Non debemos esquecer que este Club é un importante foco de atracción do turismo náutico e un importante empuxe para a desestacionalización turística, materia que tiñamos pendente. Ríaa de Arosa, fóra da tempada de verán, ofrece unhas condicións climatológicas e de ventos que a fan moito máis adecuada para a práctica dos deportes náuticos que outros litorales como o do Mediterráneo ou o Cantábrico. É grazas á oferta de amarre en portos deportivos como o noso polo que pronto se conseguirá o dificil obxectivo de que embarcacións de todo o mundo visiten Galicia tamén en tempada baixa.